Fomento reitera o seu compromiso co AVE a Vigo tras o ultimátum de Caballero

O rexedor deixou claro que se en maio non hai resposta ás súas reclamacións iniciará accións: "Maio será o mes do AVE a Vigo"


|

Caballerovigo 1


O Ministerio de Fomento reiterou o seu compromiso co AVE a Vigo pola variante de Cerdedo en resposta ao ultimatum pronunciado este mesmo mércores polo alcalde, Abel Caballero.


En concreto, o rexedor olívico deixou claro que se en maio non hai resposta ás súas reclamacións sobre a alta velocidade ferroviaria "a cidade iniciará accións" e "falarase moito" desta obra. "Maio será o mes do AVE de Vigo", advertiu.


O Ministerio de Fomento remitiu un comunicado para asegurar que esta infraestrutura "se vai facer" e que "está programada a súa tramitación unha vez que se reciban as consideracións ambientais" do trazado.


Na mesma liña, o departamento que dirixe Íñigo de la Serna indicou que "está prevista a redacción dos proxectos básicos e construtivos, os trámites expropiatorios para a dispoñibilidade dos terreos e a aprobación dos proxectos".


Non en balde, como indicou, para iso figuran as partidas "necesarias" no proxecto de orzamentos do Estado para 2017 e que seguirán constando "en posteriores exercicios".


"DESEXABLE CLIMA DE DIÁLOGO"


Así as cousas, tras reivindicar que nas contas estatais Galicia é a segunda comunidade con maior investimento per cápita, Fomento salientou a súa "firme aposta por mellorar as condicións de vida" dos españois e dos galegos.


"Unha mellora que se realiza a través dun desexable clima de diálogo e cooperación cos alcaldes dos municipios", apelou, e fixo votos por que "o Concello de Vigo traballe, desde a lealdade institucional, nos proxectos que melloran a vida dos cidadáns".

relacionada Fomento confirma a chegada do AVE a Ourense en 2019
relacionada A Xunta, "relativamente contenta" malia a caída en investimento de Fomento en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE