Outro camión queda atrancado baixo a infame ponte de Alba

A pesar dos danos materiais non hai que lamentar feridos | O 112 informou a ADIF para comprobar que a estrutura da ponte non resultou danada debido ao impacto. 


|

Camionatascadopuente

Fotografa de arquivo


A historia volve repetirse. Un camioneiro sufriu esta mañá un incidente co seu vehículo ao paso pola parroquia de Lérez, en Pontevedra, ao quedar o seu trailer atrancado na infame ponte de Alba. A pesar dos danos materiais, non hai que lamentar feridos. 


Trátase do mesma ponte onde outros vehículos similares quedaron enganchados en anteriores ocasións. O antecedente máis rechamante remóntase ao ano 2009, cando un camión que excedía o gálibo quedou atrapado e obrigou a cortar a circulación ferroviaria ao resultar danada a estrutura da ponte. Aquel accidente provocou a instalación de novas medidas de control de gálibo na zona, segundo informa o diario Pontevedraviva.


Nesta ocasión, o trailer, que excedía o gálibo da ponte e non respectou o sinal de advertencia, quedou enganchado na estrutura, situada na zona da Cendona, na PO-225.


Tras recibir o aviso, segundo sinalou o servizo de emerxencias, persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico, do persoal do servizo de mantemento da estrada e de Protección Civil.


Tamén por parte do CAE 112 Galicia informouse ao persoal de ADIF para comprobar que a estrutura da ponte non resultara danada debido ao impacto dado que por encima pasa a vía férrea. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE