A campaña da biopsia líquida, a menos de 50.000 euros de lograr o seu obxectivo

|

Laboratorioexperimentofarmacosoncomet


Oncomet encara os catro últimos días da campaña de micromecenazgo para o estudo da biopsia líquida a menos de 50.000 euros do seu obxectivo. Polo momento, leva 450.067 euros recadados e miles de persoas e colectivos colaborando e apoiando a campaña posta en marcha en xaneiro polo grupo de Oncoloxía Médica Traslacional do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (Oncomet).


O director de Oncomet, Rafael López, e membros do grupo de investigación informaron este sábado pola mañá na Praza de Abastos sobre os pormenores e as vantaxes da biopsia líquida na loita contra o cancro, pedindo un empuxón final nos últimos días de campaña.


Á mesa informativa uniuse o actor e presentador Manuel Manquiña, quen mostrou o seu apoio ao estudo da biopsia líquida.


Esta nova técnica de loita contra o cancro permitiría, indicou Oncomet, "adiantar o diagnóstico e tratar a enfermidade en estados máis temperáns, seleccionando mellor os tratamentos".

relacionada A campaña da biopsia líquida encara a última semana a 120.000 euros do seu obxectivo
relacionada ​Balaídos faise eco da campaña para financiar o estudo da biopsia líquida

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial
Powered by Bigpress