​Balaídos faise eco da campaña para financiar o estudo da biopsia líquida

No partido que enfronta o Celta co Espanyol, os xogadores sairán ao campo con camisetas da campaña e a megafonía informará aos afeccionados.


|

Biopsialiquidafutbol


Os xogadores do Celta sairán esta noite ao campo no partido contra o Espanyol coas camisetas da campaña de micromecenado para o estudo da biopsia líquida posta en marcha por Oncomet. Unha imaxe que, ademáis, estará apoiada, tal e como informan os promotores nun comunicado "a través de voluntarios e das mensaxes que se difundirán por megafonía lembrando as distintas formas de colaborar coa campaña en prol da investigación oncolóxica".


Trátase dunha das moitas iniciativas que o fútbol galego vai desenvolver en apoio á campaña que xa conta con máis de 5.000 doadores e máis de 180.000 euros e á que se uniron todos os grandes equipos galegos.


Así o RC Celta de Vigo, o RC Deportivo de A Coruña, o Racing Club de Ferrol, o CD Lugo, o CD Ourense, o Pontevedra CF e a SD Compostela informarán nas súas páxinas web e redes sociais da campaña de biopsia líquida e nos vindeiros partidos nos seus campos de xogo lucirán camisetas desta campaña de micromecenado. Neses mesmos partidos invitarán a participar na iniciativa aos seus siareiros con mensaxes e reparto de información. Tamén os futbolistas de cada un dos clubes amosarán o seu apoio á campaña a través das redes sociais.


SORTEO DE CAMISETAS ASINADAS POLOS FUTBOLISTAS


No marco da iniciativa, representantes dos distintos clubes fixeron entrega ao director de Oncomet, Rafael López, dunha camiseta oficial de cada clube asinada por todos os membros de cada equipo, que será sorteada entre todos os doantes na campaña de micromecenado de Biopsia Liquida ao seu peche.


As doazóns, que, segundo lembran, "contan con importantes vantaxes fiscais", pódense realizar a través da propia plataforma de micromecenado, www.oncomet.es, por teléfono ou cun ingreso bancario.


Dende Oncomet, o director do grupo, o Dr. Rafael López agradece esta colaboración por parte do fútbol galego así como "o enorme apoio cidadán que se está a recibir" e que está a superar as expectativas previstas. "Se ben é certo que ata o de agora a cantidade acadada provén da suma de aportacións de particulares, colectivos sociais e pequenos negocios", sinala. "Por ese motivo facemos un chamamento especial ás empresas e grandes organizacións galegas. Necesitamos da súa xenerosidade e da súa implicación na causa para acadar o noso obxectivo e conseguir situar a Galicia na vangarda da investigación oncolóxica", declarou Rafael López.

relacionada O fútbol galego súmase á campaña pola biopsia líquida
relacionada A biopsia líquida busca máis mecenas entre a sociedade galega

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE