A policía sueca confirma que o detido en Estocolmo é o condutor do camión

A policía descoñece se actuou só | No camión as autoridades suecas atoparon unha bomba de fabricación caseira


|

Autoratentadoestocolmo


A policía sueca vén de confirmar este sábado que o home detido o venres en relación ao ataque perpetrado en Estocolmo cun camión contra un grupo de persoas é o condutor do vehículo.


"A persoa arrestada era o culpable [do ataque], o condutor neste caso", fixo saber a portavoz da Fiscalía sueca, Karin Rosanda, en declaracións recollidas polo diario nacional 'Aftonbladet'


O detido comparecerá este sábado ante un tribunal de urxencia para que se lle asigne, se así o desexa, un avogado defensor, e a Fiscalía solicite a súa posta definitiva baixo disposición policial se o considerase oportuno.


O individuo foi detido nun barrio do norte de Estocolmo baixo sospeita de cometer un atentado terrorista, aínda que a Policía, de momento, descoñece se actuou só.


"É posible que puidese contar coa axuda de cómplices pero é algo que aínda descoñecemos, o momento presente", declarou neste sentido a Reuters o portavoz da Policía sueca, Lars Bystrom.


UNHA BOMBA CASEIRA NO CAMIÓN


Ademais, o mesmo corpo policial confirmou este sábado o achado dun artefacto explosivo entre os restos do camión usado onte no atropelo de Estocolmo. 


Trataríase, en principio, dunha bolsa cunha "bomba de fabricación caseira", de acordo con fontes policiais en declaracións ao diario sueco 'Aftonbladet'.

relacionada A policía sueca confirma que o detido en Estocolmo é o condutor do camión

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE