O Valencia remonta nun partido pouco brillante do Celta

|

Valenciacelta

O Celta non puido manter o empate. //Fonte: RC Celta.


O Celta caeu en Valencia nun partido moi disputado, con numerosas chegadas e cinco goles. Os vigueses adiantáronse cun cabezazo de Cabral e igualaron no tramo final do cun penalti anotado por Iago Aspas, pero encaixaron a falta de cinco minutos nunha contra.


Tras zafarse, con oficio, do dominio inicial do Valencia, o Celta comezou a mover o coiro con criterio en busca da meta de Alves, que non puido evitar, aos 15 minutos, un gran cabezazo de Cabral tras un bo envío de falta de Wass. Os vigueses tomaban vantaxe cunha xogada de estratexia. Pouco despois, o porteiro local sacou con apuros un remate de Iago Aspas tras unha boa contra celeste e Beauvue rozou a escuadra cun lanzamento desde a frontal.


Houbo despois intercambio de golpes e aos 37 minutos, o Valencia empatou cunha boa xogada e remate final de Parejo. O Celta dispuxo dunha ocasión máis antes do descanso cunha boa manobra de Aspas, pero a súa vaselina saíu lixeiramente elevada.


Tras a continuación, bo ritmo, partido sen dominador e chegadas en ambas as áreas. Aos 22 minutos, Munir culminou unha xogada pola banda esquerda do seu equipo. Os celestes, co ataque renovado, tentaron alcanzar o empate, deixando espazos atrás nese afán.


Soler derrubou a Iago Aspas de maneira clara a falta de doce minutos e o canteirán anotou o tanto do empate. Pero no minuto 40, Soler culminou unha contra cunha gran vaselina e deixou en casa a vitoria.


FICHA TÉCNICA


3-VALENCIA: Alves, Cancelo, Garay, Mangala, Siqueira (Latorre, min.65), Enzo Pérez, Carlos Soler, Parejo, Munir, Zaza (Santi Mina, min.70), Orellana (Medrán, min.86).


2-CELTA: Sergio, Hugo Mallo, Cabral, Roncaglia, Jonny, Wass (Hjulsager, min.73), Radoja, Pablo Hernández, Beauvue (Rossi, min.73), Bongonda (Jozabed, min.65), Aspas.


Goles: 0-1, min.15: Cabral; 1-1, min.37: Parejo; 2-1, min.67: Munir; 2-2, min.80: Iago Aspas, de penalti; 3-2, min.85: Soler.

relacionada Vigo non ten 'plan B' se Mouriño mantén o seu rexeitamento á concesión de Balaídos
relacionada O Celta vence a Las Palmas para non descolgarse da pelexa por Europa

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress