O Celta vence a Las Palmas para non descolgarse da pelexa por Europa

(3-1). Un triplete de Rossi fai valer o dominio celeste ante os canarios, que viron anulado un gol que o VAR daría por legal.


|

RossiceltaRossi celebra un dos seus tres tantos. //Fonte: RC Celta


O Celta gañou con solvencia á UD Las Palmas nun encontro dominado polos celestes, que gozaron das mellores ocasións. Giuseppe Rossi foi o gran protagonista ao marcar os tres goles dos vigueses, converténdose no primeiro celtista que consegue un hattrick esta tempada.


Os de Berizzo arrincaron o encontro a un gran nivel. En fronte, un Las Palmas sen ideas que pagou caros os seus erros. Aos doce minutos Rossi cazou un mal pase de Bigas, plantouse na área canaria e definiu con acerto. O gol en contra avivou o conxunto adestrado por Quique Setién, que viu como chegaba o segundo tanto vigués, de novo obra de Rossi, cando mellores sensacións ofrecían. Antes anulouse unha diana do Las Palmas por un fóra de xogo inexistente.


O Celta arrincou o segundo tempo baixo de revolucións, pero aos poucos recuperou a batuta. No minuto 56 Rossi puxo Balaídos aos seus pés co seu terceiro gol. O italiano retirouse dez minutos despois ovacionado pola bancada. Cando todo parecía listo para sentenza, os amarelos volveron apertar. Na recta final do choque Bigas recortou distancias no marcador aproveitando un balón solto na área e, practicamente sobre a bucina, Viera tivo o 3-2 nas súas botas. Non houbo tempo para máis.


Na pelexa por volver a Europa, os celestes teñen a un partido de vantaxe ao Espanyol e Eibar (contra o que se enfronta en menos dunha semana) e a 6 puntos ao Athletic.


FICHA TÉCNICA


3-CELTA: Sergio, Roncaglia, Cabral, Fontàs, Jonny, Radoja, Jozabed (Pape, min.89), Wass, Iago Aspas (Beauvue, min.79), Sisto, Rossi (Pablo Hdez., min.66).


1-As PALMAS: Lizoain, Bigas, D. Simón (Macedo, min.66), D. García, Boateng (Livaja, min.66), Tana, R. Mesa, V. Gómez (Halilovic, min.73), Castellano, Viera e Jesé.


Goles: Rossi, 1-0, min.12; Rossi, 2-0, min.35; Rossi, 3-0, min.56; Bigas, 3-1, min.80.

relacionada Balaídos colgará o cartel de 'cheo' na visita do Genk
relacionada Fontàs: "Custaría atopar un adestrador que levase isto coma Berizzo"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE