UGT denuncia a falta de persoal na prisión de Teixeiro

Piden a convocatoria de prazas de maneira "estable" mediante concursos. 


|

Carcelprisionpresos


Os representantes de UGT na prisión de Teixeiro (A Coruña) denunciaron a falta de persoal neste centro e reclamaron que nos orzamentos do Estado se incorporen partidas para abordar esta situación.


Nun comunicado, explican que así llo trasladaron ao deputado socialista no Congreso Ricardo García Mira, nunha reunión á que asistiu tamén o concelleiro socialista Fito Ferreiro.


O sindicato asegura que a recente lesión a funcionarios por parte dun interno de "especial perigo" non é "un incidente illado". "Aínda que si é novidade no centro a magnitude deste caso", sinalan en alusión aos seis funcionarios lesionados, segundo explica.


CONVOCATORIA DE PRAZAS


Ademais, advirte de que feitos así poderían repetirse "se non se poñen medios persoais e organizativos para evitalo". En concreto, indica que están vacantes a metade dos postos de traballadores sociais mentres que servizos como cociña teñen vacantes o 70% dos postos.


"No persoal de vixilancia e observación, están vacantes máis do 10 % dos seus postos", engade. Por iso, pide cubrir os postos de traballo vacantes no centro "de maneira estable mediante concursos" mediante a convocatoria de prazas para todos os centros. Tamén reclama "esquecerse de experimentos privatizadores".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE