Lídia Senra defende en Europa a "visibilidade" das mulleres do rural

A eurodeputada é co-relatora dun informe que incide na súa "importancia clave", que non se reflicte nin na titularidade das explotacións agrarias e gandeiras nin nos "órganos de representación".


|

Campotractores


O pleno do Parlamento Europeo someterá a debate e votación esta semana un informe do que é co-relatora a eurodeputada Lídia Senra (AGEe) e que analiza a situación das mulleres e o seu papel nas zonas rurais.


Pasados todos os trámites en Comisión, onde foi aprobado o pasado mes de febreiro, o texto chega agora ao plenario europeo, onde a eurodeputada galega defenderá que a CE e os Estados membro garantan "unha PAC igualitaria na repartición das axudas", así como "mellores condicións de vida e de traballo para as mulleres das zonas rurais, facilitando a titularidade e copropiedade das explotacións".


Do mesmo xeito, pide incrementar "a participación das mulleres nos órganos de representación", a "igualdade de presenza nos procesos de toma de decisións" e nos organismos rurais e a difusión da información sobre "oportunidades de financiamento" para un acceso "equitativo" ás terras".


O informe pretende "dar visibilidade" á "importancia clave" que teñen as mulleres nas zonas rurais e a súa "situación de vulnerabilidade actual".


Segundo a enquisa de Eurostat sobre estrutura das explotacións agrícolas, as mulleres supoñen o 42% das persoas que traballan regularmente nas explotacións agrarias e gandeiras da Unión Europea, e, con todo, no 70% delas "figura un home como titular".

relacionada As mulleres do agro, preocupadas polas súas pensións e a cobertura sanitaria
relacionada Senra esixe que a loita contra a violencia machista sexa prioridade en Bruxelas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE