A factoría de Citroën de Vigo, número un en doazóns de sangue

754 traballadores doaron sangue na primeira campaña deste ano na planta de Vigo, que xa acumula un total de 58.418 doazóns desde 1995


|

Donantesangre

//@doadoressangue


A primeira campaña de doazón de sangue realizado este ano pola Axencia de Doazón de Órganos e Sangue na planta de Vigo do grupo PSA Peugeot Citroën, contou coa participación de 754 traballadores.


Segundo informou o Servizo Galego de Saúde, coas doazóns destes empregados, recollidas entre o mércores e xoves da semana pasada, poderanse realizar, por exemplo, máis de 375 intervencións cirúrxicas, e transfundir plaquetas a 150 enfermos oncolóxicos.


Desde a posta en funcionamento no ano 1995 das campañas de doazón de sangue, promovidas pola Consellería de Sanidade, a factoría de PSA acumula un total de 58.418 doazóns de sangue, o que a sitúa como a empresa con maior participación no ámbito estatal.


A pasada semana, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, visitou as instalacións da planta para recoñecer e poñer en valor a "constante colaboración e especial sensibilidade" desta empresa coas doazóns, así como o "compromiso solidario e fidelidade" dos seus traballadores.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE