CCOO reclama 7.000 prazas en sanidade fronte ás 438 anunciadas pola Xunta
Sería "o equivalente ao 90% das prazas cubertas de forma interina ou en fraude de lei" | Piden 6.894 prazas, quince veces máis que o anunciado pola Xunta para a OPE deste ano.
O sindicato CCOO reclamou a convocatoria dunha Oferta Pública de Emprego (OPE) "excepcional" en sanidade de "case 7.000 prazas", quince veces máis que o anunciado pola Xunta para este ano, 438.
A través dun comunicado, a Federación de Sanidade de Comisións xustificou a súa petición "en datos achegados polo Ministerio" e para dar "estabilidade" aos traballadores do sector sanitario, especialmente a aqueles que se atopan contratados en "fraude de lei".
Por iso, sinalou que a OPE debe superar a oferta da Xunta para "recuperar o emprego destruído nos últimos anos por culpa da taxa de reposición".
"CCOO defende unha OPE moi distinta á configurada pola Xunta: sería equivalente a o 90% das prazas actualmente cubertas de forma interina ou en fraude de lei, polo que a oferta de emprego público debería elevarse ata as 6.894 prazas", reza o comunicado.
Escribe o teu comentario