O TSXG confirma unha condena contra o Sergas por encadear contratos temporais a nove traballadoras

As sanitarias traballaron "de maneira ininterrompida durante anos", o que revela o "carácter fraudulento dos seus contratos temporais" e faias indefinidas.


|

Sergas 4


A sección primeira da Sala do contencioso administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso de apelación interposto polo Servizo Galego de Saúde contra unha sentenza dun xulgado de Vigo e confirmou "o carácter fraudulento" da contratación temporal de nove traballadoras do Sergas.


Con esta sentenza, o Tribunal ratifica o fallo do Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Vigo, que declarou que no caso de nove traballadoras contratadas baixo a modalidade de servizos determinados "de maneira ininterrompida durante anos", "os sucesivos contratos de carácter eventual por servizos determinados constitúe fraude de lei".


Así as cousas, "dado o carácter fraudulento dos seus nomeamentos temporais", o xulgado resolvera que as traballadoras "ostentan a condición de persoal indefinido do Sergas, asimilado ao persoal interino", e condenou ao Sergas a recoñecelas como tales así como a recoñecer a súa antigüidade. Trátase dun fallo que agora foi confirmado polo TSXG.


O sindicato Sanitarios Galegos Públicos (Sagap) celebrou esta sentenza e felicitou ás traballadoras, aínda que lamentou "que sexan os xulgados a única vía para obrigar á administración a que cumpra co que as súas propias leis establece".


Neste marco, criticou que o Sergas anuncie "aos catro ventos a súa intención de converter a 438 traballadores en interinos", posto que, sostivo, "a dita regularización non responde a ningunha negociación nin boa disposición do Sergas para acabar coa precariedade laboral nin a poñer fin ás súas prácticas fraudulentas, senón máis ben ao medo ante a avalancha de demandas ás que se expón".

relacionada Bruxelas alerta do abuso de contratos temporais
relacionada Sanidade actualiza as listas de selección temporal do persoal de xestión e servizos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE