Traballadores da sanidade privada pontevedresa mobilízanse para esixir un convenio digno

Piden que a patronal "cambie de actitude" e demandan melloras salariais, sociais e reduccción de xornada


|

Enfermeiros


Os sindicatos CCOO, CIG e UGT convocaron para o luns 3 de abril unha concentración en Vigo, á que non descartan que sigan outras mobilizacións, entre elas, folgas, para esixir que a patronal da sanidade privada en Pontevedra "cambie a súa actitude" na negociación do convenio colectivo e propoña unha oferta con melloras salariais, sociais e de xornada.


Nunha rolda de prensa conxunta, os portavoces de CCOO, Anxo Cameselle; de CIG, Manuel Moreira; e de UGT, Carlos Cancela, censuraron que despois de oito reunións para negociar as condicións do convenio colectivo, o cal afecta a máis de 5.000 traballadores, a empresa manteña formulacións "absolutamente insuficientes".


Tal e como explicou Cameselle, o anterior convenio acabou en 2013, e a patronal estivo desde entón e ata finais de 2016 sen sentar a negociar. Agora, censurou que a patronal oferta para os anos 2014, 2015 e 2016 un 0% de subida salarial, e entre 2017 e 2010 unha subida do 0,5% por ano. "Dous puntos en sete anos", reprobou.


Manuel Moreira destacou, así mesmo, que o sector en Pontevedra --que sosteñen que é "moi precario e ten moitísima polivalencia"-- parte de "un convenio por baixo da media", polo que a intención dos sindicatos é, polo menos, equiparar as condicións e compensar "os anos perdidos", o que pasa por melloras salariais e sociais e reducións de xornada.


"HIPOTECAR" O FUTURO DO SECTOR


Ademais, en canto á intención da patronal de implantar un convenio a catro anos vista, Moreira remarcou que a vixencia "non pode ir máis aló de tres anos". "Senón, hipotecaremos o futuro do sector, cando estamos nun momento de incerteza, e a situación do sector non é mala", asegurou.


Por todo iso, Cancela avanzou que os tres sindicatos convocaron unha concentración ás 18,00 horas do luns 3 de abril ante o sanatorio Concheiro para formar "unha fronte común que permita desbloquear a negociación". Ademais, non descartan convocar outras mobilizacións e folgas tras a próxima reunión da mesa de negociación, prevista para o próximo 4 de abril.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE