Falece unha persoa nun accidente de circulación rexistrado en Santiago
O sinistro produciuse entre dous vehículos na N-525 á altura da Susana.
Unha persoa faleceu e outra resultou ferida tras un accidente de circulación rexistrado no termo municipal de Santiago de Compostela na tarde deste xoves.
Ao redor das 17,45 horas un particular deu aviso á Central de Atención ás Emerxencias 112 Galicia alertando de que se produciu un sinistro entre dous vehículos na N-525 á altura de A Susana.
O ferido foi trasladado a un centro hospitalario por Urxencias Sanitarias 061. Ata o lugar do accidente tamén se desprazaron axentes da Garda Civil de Tráfico.
Escribe o teu comentario