Chega a Betanzos unha exposición itinerante de pintura para persoas con déficit visual
Trátase da mostra itinerante 'Mirar conTACTO', da Fundación María José Jove e a Obra Social 'La Caixa'.
A Fundación María José Jove e a Obra Social 'La Caixa' expoñen en Betanzos a mostra itinerante 'Mirar conTACTO. Pintura para Discapacidade Visual', un proxecto expositivo de ambas as entidades.
O seu obxectivo é, segundo precisaron, "promover a integración das persoas con déficit visual e sensibilizar á poboación xeral, ademais de satisfacer a demanda cultural de persoas con déficit visual no campo das artes".
O alcalde de Betanzos, José Ramón García; a directora de área de Caixabank, Marta Albela; e a directora da Colección de Arte da Fundación María José Jove, Marta García-Fajardo, presentaron, no Edificio Liceo, o proxecto itinerante desta mostra.
En concreto, trátase da única exposición permanente de arte accesible de Galicia que ten a súa sede na Coruña e que culmina en Betanzos unha itinerancia que a levou ás catro provincias galegas, tralo seu paso por Pontevedra, Vilalba, Monforte de Lemos e O Carballiño.
A exposición, na que haberá sempre un monitor para guiar o percorrido, inclúe tamén un programa de actividades: para persoas con problemas de visión, para escolares ou para familias. En total son 20 as actividades deseñadas especificamente para este proxecto.
Escribe o teu comentario