O sindicato internacional de estibadores desconvoca as protestas deste xoves

Portos de todo o mundo tiñan previstas mobilizacións, pero consideran que o 'non' do Congreso é "unha gran oportunidade" para facer posible un pacto.


|

Estibapuertocontenedor


O sindicato internacional de estibadores desconvocou as mobilizacións previstas nos portos de todo o mundo o vindeiro xoves, 23 de marzo, en apoio ao colectivo español, despois de que o Congreso tombase o pasado día 16 o decreto lei co que o Goberno articulaba a reforma do sector en España.


Para o International Dockwokers Council (IDC), o 'non' do Congreso á reforma da estiba constitúe un "paso adiante", pero tamén "unha gran oportunidade para que os traballadores, xunto ao Goberno e a patronal poidan pactar as mellores condicións para remodelar o sector cumprindo con Europa".


O sindicato internacional asegurou ademais que se manterá á "expectativa" do devir destas próximas reunións do sector en España.


"Os traballadores esperan unha negociación franca, partindo de cero, que lles permita resolver a súa situación, atendendo á legalidade internacional e, sobre todo ao mantemento das condicións laborais existentes na actualidade", asegurou o IDC nun comunicado.

relacionada Bruxelas advirte a España que se non reforma a estiba, haberá "multas económicas"
relacionada O Congreso rexeita o decreto lei de reforma da estiba
relacionada Fomento fracasa no seu intento de acordo sobre a reforma do sector da estiba
relacionada O Goberno, convencido de ter un as na manga na reforma da estiba

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE