O Goberno, convencido de ter un as na manga na reforma da estiba

|

Estibadorespuerto


O Goberno móstrase convencido de que reunirá os apoios necesarios para que o pleno do Congreso do xoves aprobe o Decreto Lei de reforma do sector da estiba, co que non pensa en aprazar de novo a súa votación.


Así o sinalou o secretario de Estado de relacións coas Cortes, José Luis Ayllón, un dos interlocutores do Goberno que estivo buscando apoios entre os grupos parlamentarios para a transcendental votación deste xoves.


"Eu sempre confío en que van saír as cousas ben e van saír ben, seguro. Ímolo gañar e ímolo sacar adiante", subliñou Ayllón nos corredores da Cámara.


DIÁLOGO CON TODOS


Para esta votación, o Goberno do PP non necesita maiorías reforzadas e só precisa sumar máis votos a favor que en contra, polo que, a falta de concitar apoios, bástalle con asegurar a abstención de boa parte da oposición.


O Executivo mantén aberto o diálogo con todos os grupos, mesmo cos independentistas do PDeCAT, a antiga Convergència.


Ata agora, o PSOE vén mantendo que non apoiará a convalidación se non hai un acordo entre a patronal e os sindicatos, o mesmo que Ciudadanos, mentres que Unidos Podemos xa adiantou o seu voto en contra. "Nós imos traballar e imos defender os dereitos dos traballadores", reiterou este mércores Pablo Iglesias. "Pero temos un Goberno do PP apoiado por Cs e polo PSOE que aposta por vender a nosa patria aos fondos de investimento estranxeiros", engadiu o dirixente de Podemos.

relacionada De la Serna: "É imprescindible aprobar o Decreto da estiba este xoves"
relacionada Os estibadores atrasan outra semana a folga nos portos
relacionada Os estibadores acusan á CE de utilizar fondos públicos "para despedir traballadores"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress