Os estibadores acusan á CE de utilizar fondos públicos "para despedir traballadores"

|

Coordinadoraestiba


O voceiro da Coordinadora Estatal de Traballadores do Mar, Antolín Goya, advertiu este martes á Comisaria de Transportes da Unión Europea, Violeta Bulc, de que dentro das políticas da Comisión Europea "non figura usar fondos públicos para despedir traballadores con contratos indefinidos e crear emprego precario".


"Preguntámoslle directamente e non foi capaz de desmentilo", explicou en declaracións tras reunirse co presidente do Gobierno de Canarias, Fernando Clavijo.


Goya insistiu en que hai "alternativas" a ese modelo e "varias posibilidades" para cumprir coa sentenza do Tribunal de Luxemburgo, e nese sentido, sostén que "a solución non pasa pola precariedade", aínda que coincidiu con Bulc en que o Goberno "tardou demasiado e tiña que reformar a lei antes".


"A única solución é que o Ministerio sente na mesa de negociación e garanta a subrogación dos traballadores e as condicións dos seus empregos", explicou.


En canto ao plan de axuda á reconversión da estiba anunciado polo Ministerio de Fomento, criticou que non lles "pasaron nada", só o texto do Real Decreto, que se centra na subvención pública para despedir traballadores.


"Se falan de reconversión será dalgún porto con excedente de persoal, pero iso non é definir o modelo nin como quedan as empresas e os traballadores tras o Real Decreto", apuntou.


Goya puntualizou que os paros que arrincan este venres se manteñen, aínda que non ocultou que pode haber marxe para a negociación tras o adiamento da votación no Congreso.

relacionada O Goberno anuncia axudas para a reconversión do sector da estiba
relacionada A patronal da estiba só manterá os empregos se recibe axudas públicas
relacionada Os estibadores desconvocan a primeira das semanas de folga

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress