Fregueses que cambian a misas do domingo polas mobilizacións

|

Parrococurafriolguitiriz


Unhas 300 persoas manifestáronse este domingo ás 11,00 horas na parroquia de Pedrafita, no Concello lugués de Guitiriz, para protestar polo traslado do párroco José Ramón Peréz García, trasladado ao sur da provincia de Lugo.


Esta é a novena manifestación por este traslado --incluídas as dúas fronte ao Bispado de Lugo--, así como a asistencia o pasado sábado a unha misa oficiada por José Ramón Pérez García en Quiroga, segundo relataron os veciños a través dun comunicado.


Os veciños afirman que "seguirán ata onde sexa necesario". Esperan unha rectificación por parte do Bispado, en vista, sinalaron, do "clima de tensión creado ante a intransixencia da alta curia diocesana".


A próxima manifestación terá lugar o vindeiro domingo día 26 de marzo ás 12,00 horas na igrexa de Anafreita (Friol), coincidindo ese mesmo día coa 25 edición da Feira do Queixo e Pan de Ousá.

relacionada Os veciños de Friol aseguran que "nada" tiveron que ver coa renuncia do novo párroco
relacionada Friol e Guitiriz, en folga pola polémica do párroco
relacionada Friol e Guitiriz concéntranse ante o Bispado de Lugo contra o traslado do seu párroco
relacionada Guitiriz únese á "revolución social" contra o traslado "forzoso" do seu párroco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.
Cabecerarecomendadosgal 2
Cabeceraultimahora 2
Cabeceralomasleidogal 1


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress