Adolfo Domínguez, a empresa galega decana en bolsa, cumpre 20 anos de cotización

|

Adolfodomingueztiendatextil


A compañía galega Adolfo Domínguez cumpre 20 anos en bolsa como a empresa de moda máis veterana no parqué, desde que comezou a cotizar o 18 de marzo de 1997.


Segundo informou a empresa, con sede en Ourense, rexistra "a mellor valoración bolsista en catro anos", cun incremento da súa cotización do 83 por cento desde o cambio do seu equipo de xestión e do consello de administración en xullo de 2016.


Así, resalta que continúa como a "única empresa española de moda de deseño de autor cotizada" e que mantén "como principal accionista ao seu fundador".


Deste xeito, a compañía fai fincapé en que os 20 anos de cotización converten a Adolfo Domínguez S.A. "na empresa galega decana en bolsa", que mantén a súa sede social e servizos centrais en Galicia.


A estrea de Adolfo Domínguez en bolsa en 1997, "por pioneira, xerou tal expectación que os seus títulos revalorizáronse nun 133 por cento no primeiro día de cotización". O ano da saída, a firma alcanzou un valor de capitalización de 227 millóns de euros.


Por contra, o momento de máis baixa cotización foi en xullo de 2016 --tres euros por acción--, cando a empresa decidiu cambiar o seu consello de administración e ao equipo de xestión.


AVANCE


Neste sentido, a empresa galega destaca que co novo equipo á fronte "conseguiu en só seis meses darlle a volta aos seus resultados, cun aumento das vendas do seis por cento entre setembro e novembro de 2016, e cos primeiros beneficios trimestrais procedentes de negocio recorrente en varios anos".


Adolfo Domíguez saíu a bolsa cunha rede de 120 tendas, case todas en España, e dispón na actualidade de 521 establecementos en 35 países de todo o mundo.

relacionada O téxtil leva a Galicia a tocar un novo máximo histórico en exportacións
relacionada Bimba y Lola eleva un 31,7% as súas vendas en 2016 e supera os seus obxectivos
relacionada Inditex volve bater o seu propio récord ao gañar un 10% máis en 2016

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress