Deteñen a unha persoa por un asasinato ocorrido en Fisterra en decembro
O home apareceu degolado na súa vivenda hai tres meses. A investigación está baixo segredo de sumario.
A Garda Civil detivo unha persoa en relación coa morte dun home que aparecera degolado a mediados de decembro na súa vivenda en Fisterra.
Segundo informaron fontes da investigación, en relación coa morte de Idilio Liñeiro hai un detido e as actuacións están baixo segredo de sumario.
O cadáver do home, duns 40 anos e con antecedentes por narcotráfico, foi localizado a última hora do xoves 15 de decembro no interior da súa vivenda, situada no edificio Faro de Fisterra da rúa Escaselas.
A vítima presentaba unha ferida de arma branca no pescozo. Os veciños do home aseguraron que o viran por última vez o luns anterior.
Escribe o teu comentario