Os bispos reelixen a Ricardo Blázquez como presidente da Conferencia Episcopal

Recibiu 52 votos dos 80 electores, quedando por diante do arcebispo de Valencia que recibiu 20 e do de Madrid, con catro.


|

Ricardoblazquezconferenciaepiscopal


O cardeal arcebispo de Valladolid, Ricardo Blázquez Pérez, foi reelixido como presidente da Conferencia Episcopal Española (CEE) na primeira votación, cun total de 52 votos, segundo informou a Oficina de Prensa da CEE. As votacións tiveron lugar este martes 14 de marzo no marco da 109 Asemblea Plenaria da CEE.


Blázquez obtivo o maior número de votos por diante do cardeal arcebispo de Valencia, Antonio Cañizares, que recibiu o apoio de 20 votos; e do cardeal arcebispo de Madrid, Carlos Osoro, que obtivo catro votos. En total, hai 80 electores, 79 deles bispos.


Desta forma, Blázquez, renova un cargo que ocupou durante o últimos tres anos, entre 2014 e 2017, e que xa desempeñou tamén no trienio 2005-2008.


Durante estes tres anos nos que Blázquez estivo á fronte da CEE, aprobáronse documentos importantes como a instrución pastoral 'Igrexa, servidora dos pobres', en 2015, no que os prelados mostraron a súa preocupación polas consecuencias da crise, propuxeron unha rexeneración moral e pediron "perdón" polos momentos en que non souberon responder as necesidades dos máis vulnerables.


O presidente da CEE tamén mantivo contactos neste trienio co Goberno, en concreto, co ex ministro do Interior, Jorge Fernández Díaz, con quen Blázquez asinou en 2014 un convenio de colaboración para garantir a asistencia relixiosa católica nos Centros de Internamento de Estranxeiros (CIEs). Os bispos tamén mantiveron reunións co ministro de Educación, Íñigo Méndez de Vigo, a última con motivo do Pacto Educativo.


En materia económica, neste trienio, a Conferencia Episcopal creou un plan de transparencia e un portal de donativos que permite facer chegar os donativos a cada unha das 23.000 parroquias que existen en España, ás dioceses ou ben directamente á CEE.

relacionada Friol e Guitiriz concéntranse ante o Bispado de Lugo contra o traslado do seu párroco

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE