O histórico nacotraficante Laureano Oubiña sae da prisión
Hai case tres semanas que a Audiencia Nacional lle concedeu o terceiro grao tras 22 anos entre reixas. Abandona o penal criticando a dirección e cualificándoo de "gran negocio".
O histórico narcotraficante arousán Laureano Oubiña saíu de prisión tras 22 anos. O cárcere de Navalcarnero, onde cumpría condena, autorizou a súa saída para dar cumprimento ao terceiro grao concendido pola Audiencia Nacional fai case tres semanas.
O xuíz de Vixilancia Penal José Luis de Castro considerou o seu estado de saúde e o seu comportamento durante o seu tempo de pena, así como a presentación dunha oferta de traballo estable.
Á súa saída do centro penal, en declaracións aos medios, tal e como recollen varios nas súas edicións dixitais, Oubiña dixo que prefería "ser director dun cárcere que dun hotel de 6 estrelas na Castellana", criticando a dirección e o que cualificou de "gran negocio". O sacerdote da prisión foi quen trasladou ao narcotraficante.
Aínda que non poderá regresar a Galicia ata que se extinga a condena (nun período de 5 meses), o histórico narco fixará a súa residencia en Guadalaxara e traballará cunha ONG que facilita a acollida de inmigrantes e ex drogadictos. Nese centro de inserción social vivirá nun réxime semiaberto.
Escribe o teu comentario