Compostela Aberta escolle nova coordinadora coa vista posta en 2019

Martiño Noriega espera que o proceso "permita dar continuidade" a un espazo político "moi dinámico". 


|

Martinhonoriega


Compostela Aberta celebra desde o pasado xoves e ata o vindeiro sábado eleccións internas das que sairá renovada a súa coordinadora coa vista posta nas eleccións municipais de 2019.


As votacións, que se iniciaron na tarde noite do xoves, realízanse exclusivamente de forma presencial e finalizan este sábado ás 17,00 horas da tarde.


A preguntas dos medios este venres en comparecencia de prensa, o alcalde compostelán, Martiño Noriega (CA), expresou que espera que as eleccións internas "permitan dar continuidade" a un espazo político "moi dinámico, participado e corresponsabilizado".


Así, Noriega indicou que Compostela Aberta encara o proceso "sen moita emoción" pero de forma "moi sa", á vez que convidou a que "a xente participe" nas votacións.

relacionada Santiago aproba os seus orzamentos co apoio de Compostela Aberta e BNG

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE