Santiago aproba os seus orzamentos co apoio de Compostela Aberta e BNG
O grupo socialista abstívose na votación e o PP votou en contra | O orzamento "expansivo" ascende a 106 millóns.
O pleno municipal do Concello de Santiago aprobou os seus orzamentos para este ano 2017 cos votos favorables do grupo de goberno (Compostela Aberta) e o Bloque Nacionalista Galego, a abstención do grupo socialista e a oposición do PP.
No pleno extraordinario celebrado na mañá deste sábado no Pazo de Raxoi quedaron aprobadas as contas para este ano, un orzamento defendido desde o goberno municipal como "expansivo" e que ascende a 106 millóns de euros no consolidado.
Así, os orzamentos pasaron o trámite plenario cos 12 votos a favor que suman os grupos de Compostela Aberta e BNG, a abstención do PSOE (3) e o "non" dos nove edís do grupo popular. No pleno tamén se aprobou a incorporación dos remanentes dos fondos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sustentable e Integrado (Edusi), que suman un total de 2,6 millóns de euros.
Escribe o teu comentario