Intérpretes galegos participan nunha curta da Deputación da Coruña contra a violencia machista
Protagonizado por Isabel Blanco e Xosé Eirín, 'Corazón Amoratado' é un traballo audiovisual guinizado por alumnos do IES Puga Ramón.
A actriz Isabel Blanco e o actor Xosé Eirín protagonizan o curtametraxe 'Corazón amoratado', con guión dun grupo de alumnos do IES Puga Ramón, gañador do concurso de guións contra a violencia de xénero da área de Igualdade da Deputación da Coruña.
Nun comunicado, o organismo provincial indica que o vídeo se difundirá, agora, a través das redes sociais "co obxectivo de contribuír á prevención da violencia machista, en especial, nas xeracións máis novas".
Na presentación do vídeo, a responsable da área de Igualdade da Deputación, Ángela Franco, alertou do i ncremento dos casos de violencia de xénero entre a mocidade. Ademais, instou ás administracións para actuar "de maneira coordinada e sen pausa" impulsando accións dirixidas a concienciar a este colectivo.
Escribe o teu comentario