As denuncias por violencia machista en 2016 alcanzan a cifra máis alta da década

O ano pasado xulgáronse a 21 menores máis que o anterior por delitos de violencia machista | Os xulgados galegos atenderon un 9% máis de denuncias que o ano anterior


|

Telefonoviolenciamachista016


As denuncias de mulleres por malos tratos das súas parellas ou ex parellas creceron un 10,6 por cento en 2016 respecto ao ano anterior, ata as 142.893, o dato máis alto da última década, segundo o último balance do Observatorio Contra a Violencia Doméstica e de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ), publicado este venres 10 de marzo.


En concreto, os xulgados galegos recibiron o ano pasado 5683 denuncias por violencia de xénero, o que supón un 9 % máis con respecto ao ano anterior, cando se presentaron 5210. 


ESCALADA DE VIOLENCIA


No ano 2006, primeiro exercicio de especialización dos xulgados, rexistráronse 158.883 asuntos penais; en 2007, 126.293 denuncias e en 2008, 142.125. Desde entón, estiveron en descenso ata o chan das 124.893 denuncias, rexistradas en 2013, a cifra máis baixa da década. Os anos seguintes, comezaron de novo a remontar: 126.742 en 2014; 129.193 en 2015, e as 142.893 de 2016, último dato dispoñible.


O Observatorio destaca que en 2016 as vítimas de violencia machista foron 134.462 un 8,7% máis que en 2015, das que o 70 por cento eran españolas. Algo máis dun 69% das denuncias foron presentadas pola propia vítima no xulgado ou a través de atestados policiais, mentres que as presentadas por familiares da vítima representaron un 1,44% das 142.893 de 2016. Os partes de lesións recibidos directamente no xulgado representaron algo máis do 10% das denuncias.


MÁIS CONDENAS E MÁIS ORDES DE PROTECCIÓN


Ademais, no pasado exercicio, volveu incrementarse a porcentaxe de sentenzas condenatorias ditadas polos órganos xudiciais españois en procesos relativos a violencia de xénero: Fronte ao 62,6% de condenas que se produciron en 2015, no pasado ano, este dato elevouse ata o 66,2%. As sentenzas ditadas foron 47.175, das que 31.232 foron condenas e 15.943, absolucións.


Durante 2016, solicitáronse 43.311 ordes de protección nos órganos xudiciais, das que máis dun 64% foron adoptadas (24.367), sete puntos por encima do ano anterior.


866 MENORES PEDIRON PROTECCIÓN


Na metade dos casos de solicitude de protección, a muller mantiña nese momento unha relación de parella co seu agresor. Ademais, do total das peticións, un 2% correspóndense con menores de idade, é dicir, 866 casos. Estes datos coinciden cos do anterior exercicio.


Derivadas das ordes de protección e outras medidas cautelares, adoptáronse 60.831 medidas xudiciais penais de protección das vítimas, entre as que destacan a orde de afastamento e a prohibición de comunicación, que se executaron nun 98 e un 96%, respectivamente, do total de ordes acordadas.


Concretamente, nos xulgados de violencia sobre a muller adoptáronse 23.477 ordes de afastamento e 22.955 medidas de prohibición de comunicación, o que supón un incremento de 22 puntos en ambos os casos respecto das ordes e medidas adoptadas en 2015.


SOBEN AS SUSPENSIÓNS DE CUSTODIA DE FILLOS


Ao mesmo tempo, ditáronse 16.485 medidas civís cautelares para protexer á muller e aos menores mentres se resolvía o proceso penal, das que un 31,3% foron en relación coa prestación de alimentos e un 26,5% resolveron a atribución da vivenda, sete puntos porcentuais máis que o ano anterior.


Tamén se adoptaron 1.498 suspensións da garda e custodia e 1.035 suspensións do réxime de visitas, cifras ambas que supoñen un incremento de case dous puntos en relación coas do ano anterior.


MÁIS CONDENAS


Entre casos axuizados, destacan os que se levaron a cabo en xulgados de menores por delitos de violencia contra a muller axuizaron n 2016 por delitos no ámbito da violencia contra a muller a 179 menores de idade, 21 máis que o ano anterior. Impuxéronse medidas en 164 casos, 132 relativos a menores españois e 32 a menores estranxeiros.


Os xulgados de violencia sobre a muller celebraron o pasado ano un total de 8.207 xuízos sobre delitos leves ou faltas, dos que 3.465 foron xuízos de axuizamento inmediato. No 86% dos casos, os xuízos foron por vexacións inxustas ou inxurias.


Estes xulgados ingresaron ao longo do ano pasado un total de 197.937 asuntos penais e ditaron 19.241 sentenzas penais, das que a gran maioría (82,2%) foron condenatorias, cinco puntos máis respecto de 2015.


Os xulgados do penal, que axuizan os delitos castigados con ata cinco anos de cárcere, resolveron un total de 28.867 asuntos dos 28.917 casos presentados. Así mesmo, ditaron 27.652 sentenzas, das que o 54,9% (15.179) foron condenatorias, dúas 2,5 puntos máis que en 2015.


As Audiencias Provinciais, que axuizan os delitos máis graves, con pena privativa de liberdade superior a cinco anos, ditaron 282 sentenzas, das que o 81,5% (230) foron condenatorias, un incremento interanual do 5%.

relacionada As denuncias por violencia machista en 2016 alcanzan a cifra máis alta da década

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE