As rupturas matrimoniais descenderon case un 10% en 2016 en Galicia

Presentáronse 6.601 demandas de divorcio e separación fronte ás 7.307 de 2015. 


|

Matrimoniodivorcioseparacinpareja


As demandas de ruptura matrimonial (separacións e divorcios) presentadas en Galicia o ano pasado ascenderon a un total de 6.601 fronte ás 7.307 rexistradas 2015, o que supuxo un descenso do 9,7 por cento.


En concreto, na comunidade autónoma galega baixan tanto os divorcios consensuados, de 3.928 no ano 2015 a 3.502 en 2016 (unha caída do 10,8%), como os non consensuados, pasando de 3.029 a 2.807, un 7,3% menos.


En relación ás separacións de mutuo acordo, pasaron de 246 en 2015 a 178 o ano pasado, cunha caída do 27,6 por cento, mentres que as separacións contenciosas aumentaron un 9,6 %, ao pasar de 104 a 114.


O ano pasado rexistráronse catro peticións de nulidade matrimonial, fronte ás sete de 2015. Poñendo en relación as demandas de ruptura coa poboación ao 1 de xaneiro de 2016, Galicia sitúase en 2,4 peticións por cada 1.000 habitantes, por baixo da media estatal (2,6).


Por outra banda, o ano pasado iniciáronse 542 procedementos de modificación de medidas de mutuo acordo, un 5,7% máis que en 2015, mentres que as demandas de modificación de medidas non consensuadas foron 1.864, o que supón un descenso do 3,9 por cento.


GARDA E CUSTODIA


En canto aos procedementos de garda, custodia e alimentos de fillos non matrimoniais, rexistráronse o ano pasado 836 demandas de modificación de medidas consensuadas, o que supón un descenso do 4% con respecto a 2015.


Con todo, aumentan lixeiramente as demandas non consensuadas, ao pasar das 1.329 en 2015 a 1.333 en 2016, o que supón un 0,3 por cento máis.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE