María y los demás, a gran triunfadora dos Mestre Mateo

A longametraxe gañou cinco galardóns dos 13 aos que optaba, incluído o de mellor película.


|

Mestremateo 2


O longametraxe 'María y los demás' (producida por Frida Films, Avalon, TVG, Movistar Plus e TVE) foi a gran triunfadora da décimo quinta edición dos premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual con cinco galardóns (optaba a 13), entre eles, o de mellor película.


Ademais, nunha gala na que se reivindicou o papel da muller na industria audiovisual e se fixo un chamamento a máis papeis para mulleres, a actriz protagonista de 'María y los demás', Bárbara Lennie, obtivo o premio á mellor interpretación feminina.


A segunda no palmarés foi a serie 'Dalia, A Modista', que obtivo catro premios: interpretación feminina de reparto (Covadonga Berdiñas), dirección de arte, vestiario e maquillaxe e barbería.


Pola súa banda, conseguiu tres premios Mestre Mateo o documental Esquece Monelos: mellor documental, dirección de fotografía e montaxe.


O premio ao mellor programa de televisión recaeu en Land Rober Tunai Show, que tamén contou con outro galardón, o do seu condutor, Roberto Vilar, quen levou o Mestre Mateo ao mellor comunicador de televisión.


No apartado de traballos actorais, ademais do galardón para Bárbara Lennie, Luís Tosar levou o premio ao mellor actor protagonista por Cien años de perdón. O Mestre Mateo para a mellor interpretación masculina de reparto foi para Monti Castiñeiras polo seu traballo en Serramoura e a feminina para Covadonga Berdiñas por Dalia, A Modista.

relacionada Os Mestre Mateo proclaman este sábado os mellores proxectos do audiovisual galego

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE