Os Mestre Mateo proclaman este sábado os mellores proxectos do audiovisual galego

|

Mestremateopremios


A Gala dos Premios Mestre Mateo 2017 proclama este sábado, día 4 de marzou, o mellor da produción audiovisual galega do ano pasado en 25 categorías e renderá homenaxe ao xénero dos musicais no cinema.


O evento, que presentará no Palexco da Coruña Iolanda Muíños, contará coa dirección do actor Manolo Cortés e nela participarán as actrices da compañía A Panadería cunha banda de músicos en directo dirixida por Ramón Orencio.


A gala comezará cun vídeoclip que converterá en musicais as catro películas nomeadas a mellor longametraxe para, a partir de aí e sempre en clave de comedia, ir engarzando a entrega dos diferentes premios con varios monólogos e tres números musicais. No transcurso da gala faráselle entrega do premio de honra Fernando Rey á directora de arte Marta Villar.


No encontro de nomeados fíxose a entrega do premio especial 'José Sellier', que a Academia Galega do Audiovisual concedeu este ano ao programa 'En xogo' da TVG.


Tras a entrega, o xornalista Alfonso Hermida dedicou o premio "aos pioneiros do xornalismo deportivo en Galicia" e aos "centos e centos de profesionais que nolos seus 31 anos de historia pasaron por En Xogo".


Así mesmo, tivo un recordo especial para quen foi lingüista e colaborador do programa, Salvador Pérez Froiz, "polo traballo de documentación e divulgación que realizou dunha linguaxe entón practicamente descoñecido e que hoxe está asumido por todos os profesionais e espectadores dos programas deportivos en Galicia".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress