Feijóo: "Unha muller pode pensar o que queira, vestir como queira, dicir o que queira"

O presidente galego convida a acabar coa "secuela fascista" da violencia machista nun acto do PPdeG con motivo do Día da Muller. 


|

Feijoodiadelamujer


O presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, realizou un chamamento a "non politizar" a loita pola Igualdade porque facelo supoñería "faltar ao respecto ás mulleres".


Na mañá deste sábado Feijóo participou en Santiago nun acto organizado polo PPdeG con motivo do Día da Muller, que terá lugar o próximo 8 de marzo.


Alí, o titular da Xunta e presidente dos populares galegos chamou a acabar coa "secuela machista e fascista" da violencia de xénero, á vez que convidou a alcanzar a Igualdade "moral, social, legal e económica" a través da "defensa sen concesións dos dereitos individuais de todos".


Para Feijóo, "o camiño" para conseguir a Igualdade entre homes e mulleres lógrase "con feitos, non con palabras", polo que indicou que o PP precisa "non poñerse de perfil ante ningún debate de calado" e, así, "non quedar calado" fronte aos "avogados do pensamento único".


"SOBREVOAR" A "CONCEPCIÓN PARTIDARIA"


Así as cousas, remarcou a necesidade de deixar ao carón os "discursos de polarización" para "sobrevoar calquera tipo de concepción partidaria e ideolóxica" sobre a Igualdade para diferenciarse dos que queren "substituír os vellos estereotipos de xénero por outros novos".


"Unha muller pode pensar o que queira, vestir como queira, dicir o que queira", incidiu Feijóo, quen cre que "o dereito inalienable de igualdade" pasa porque as mulleres poidan "escoller libremente", "sen coaccións", nin "roles trasnoitados".


"Galicia sempre tivo nome de muller", reivindicou, para logo lembrar a "todas as mulleres que traballan no agro, no mar" e que "traballan máis que ninguén" nos seus fogares. "Galicia non sempre recoñeceu á muller como debería", defendeu, xa que "demasiadas sufriron discriminación" e "quedaron no anonimato" porque "non podían saír a ningún sitio".

relacionada A violencia machista no arranque de 2017 iguala en asasinatos ao peor ano da década
relacionada 166 nenos quedaron orfos desde 2013 por crimes de violencia machista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE