Golpe ao tráfico de drogas en Galicia con senllas detencións en Pontevedra e Lugo

16 das 24 persoas detidas en conexión cunha rede de narcotráfico en Pontevedra foron enviadas a prisión | En Lugo, A Policía Nacional detivo a 23 persoas e deu por desarticulada unha banda que operaba na provincia. 


|

Drogastraficodecomisomovildineronavajas


A Policía Nacional vén de deter un total de 23 persoas de entre 25 e 40 anos de idade, co que dá por desarticulada unha banda dedicada ao tráfico de drogas na provincia de Lugo.


En concreto, segundo un comunicado difundido polas forzas da orde, a droga chegaba desde fóra da provincia en vehículos e o seu destino final eran fundamentalmente locais de lecer e de alterne da Mariña.


En nove rexistros domiciliarios, a Policía incautouse de 1,3 quilos de cocaína "de gran pureza", un quilo de sustancias químicas "para adulterar a droga", 600 gramos dun estupefaciente sen determinar e "diversas cantidades" de haxix e de MDMA. Todo iso, segundo os seus cálculos, podería alcanzar un valor aproximado duns 200.000 euros.


Adicionalmente, interviñéronse 3.800 euros en efectivo, cinco balanzas electrónicas de precisión, útiles para a preparación e o envasado das drogas, 11 teléfonos móbiles, tres vehículos e "outros obxectos adquiridos con ingresos provenientes do tráfico de drogas".


Como consecuencia desta operación, denominada 'Canón-Artillería', tres persoas xa ingresaron en prisión por orde do xulgado de instrución número dous de Viveiro.


PRISIÓN PARA 16 DOS DETIDOS EN PONTEVEDRA 


O titular do Xulgado de Instrución Número 4 de Vigo decretou prisión provisional comunicada e sen fianza para 16 das 24 persoas detidas nun operativo contra o tráfico de drogas levado a cabo polo Greco Galicia da Policía Nacional.


Segundo confirmaron fontes xudiciais, outros catro detidos quedaron en liberdade, aínda que terán que comparecer cada 15 días no xulgado. Ademais, retiróuselles o pasaporte.


Ademais, outra persoa quedou en liberdade sen medidas cautelares, mentres que outros tres foron postos en liberdade na propia sede policial, sen chegar a pasar a disposición xudicial.


As mesmas fontes explicaron que as persoas enviadas a prisión están a ser investigadas por un delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e, ademais, por pertenza a organización criminal.


O delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, asegurou este xoves que a detención destas 24 persoas, de nacionalidade española e colombiana, supón o "desmantelamento" desta rede e "impide a entrada" de droga a España a través de Galicia.


"OPERACIÓN MOI IMPORTANTE"


"É unha operación moi importante, tanto pola contía da droga, pendente de cuantificar, como pola transcendencia destas persoas detidas, que implica que non poida entrar esa cantidade de droga en territorio galego", segundo insistiu o delegado do Goberno.


Villanueva felicitou ao Xulgado de Instrución número 4 de Vigo, á Fiscalía e á Policía Nacional polos resultados da operación e aclarou que "ata o momento" ningún dos detidos en Galicia é desta comunidade autónoma, senón "españois e estranxeiros". Tamén reiterou que a operación segue aberta e que "pode haber máis detencións".


Entre os detidos atópanse varias persoas arrestadas na provincia de Pontevedra, concretamente dúas na cidade de Pontevedra --que foron detidos o luns nun supermercado, pero que non son empregados do mesmo--, e outras seis persoas en Vigo.


No marco desta investigación, que empezou hai un ano en Galicia, segundo apuntaron fontes xudiciais, foron intervidos uns 2.000 quilos de cocaína.

relacionada Pasan a disposición xudicial en Vigo os detidos na operación antidroga
relacionada Deteñen 20 persoas nunha "importantísima" operación antidrogas de Vigo
relacionada A DXT traballa nun test de drogas 'express' para multiplicar por dez estas probas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE