Activada a alerta por choiva e por nevadas no interior

Tamén se esperan ventos intensos e que as precipitacións poidan estar acompañadas de aparello eléctrico.


|

Nevada


Este venres Galicia queda baixo a influencia dunha borrasca situada ao sur das Illas Británicas, polo que Meteogalicia espera unha xornada de vento e choiva intensos. Sobre todo pola mañá, o ceo permanecerá cuberto, con choivas xeneralizadas, localmente acompañadas de aparello eléctrico e saraiba.


Espéranse recoller máis de 40 litros por metro cadrado en toda a provincia de Pontevedra, e na zona suroeste e oeste da Coruña.


Pola mañá, a cota de neve sitúase nos 1.000 metros, pero irá baixando conforme avance o día ata situarse nos 600 pola noite. Isto dará lugar a acumulacións que chegarán aos 5 centímetros nas montañas de Lugo e Ourense e na zona sur de Ourense.


O vento, do suroeste, moderado en xeral, será forte no litoral e en zonas altas.


ALERTA ACTIVADA


Por iso, Protección Civil activou a alerta por nevadas. De acordo coas predicións da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) prevese que a cota de neve baixe durante o día ata os 500 a 700 metros no noroeste. Ademais prevense ventos fortes en terra, especialmente en zonas montañosas.

relacionada Alerta por ondas de ata oito metros na costa da Coruña e Lugo
relacionada Activado en Ourense o aviso por nevadas

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE