Alerta por ondas de ata oito metros na costa da Coruña e Lugo

A situación no mar irase complicando conforme avance a tarde e pola noite afectará a todo o litoral galego.


|

Oleajetemporalparaguas


A Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) alertou dun fenómeno meteorolóxico adverso na costa de nivel laranxa, que afectará desde as 14,00 horas deste luns ás franxas costeiras do noroeste e oeste da provincia da Coruña e a toda a costa da provincia de Lugo.


Deste xeito, tal e como indicou a Axega na súa páxina web, rexistrarase mar combinado do noroeste de cinco a sete metros, aumentando ao avanzar a tarde a sete ou oito metros na área de Ortegal-Bares e mar dentro.


Este fenómeno está previsto que se estenda tamén á franxa costeira do suroeste da Coruña e á costa de Pontevedra a partir das 21,00 horas deste luns, afectando desde ese momento a toda a costa de Galicia.

relacionada A maioría dos sinistros en Galicia prodúcense polo vento
relacionada A Xunta destinará 5 millóns de euros a reparar os danos do temporal

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE