Catro feridos nun accidente en Vilaboa, entre eles unha nena de dous anos

O sinistro tivo lugar na estrada a Acuña, á altura de Postemirón


|

Tres adultos e unha nena de dous anos resultaron feridos na tarde deste mércores nun accidente de tráfico rexistrado en Vilaboa (Pontevedra).


O 112 informou de que se lle trasladou que o vehículo no que circulaban quedou atravesado na vía. O sinistro tivo lugar na estrada a Acuña, á altura de Postemirón.


Foi un particular o que trasladou o ocorrido ao 112 Galicia ás 15,30 horas desta tarde.


Para acudir ao momento, mobilizouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e aos bombeiros do Morrazo. A situación tamén se puxo en coñecemento de Protección Civil, da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico.


Ata o lugar do accidente trasladouse unha ambulancia para asistir aos feridos.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE