En Marea pide que a Xunta asuma servizos que "afogan" aos municipios rurais

É o caso dos comedores escolares, a axuda no fogar ou as residencias da terceira idade


|

Nenosrural


En Marea esixirá á Xunta que asuma a prestación de servizos que "afogan as contas" dos municipios máis rurais ao "impedirlles" realizar outro tipo de operacións, como é o caso "comedores escolares", a "axuda no fogar" ou "residencias da terceira idade".


Así o avanzou o portavoz parlamentario de En Marea, Luís Villares, quen visitou este mércores o municipio de Manzaneda (Ourense), acompañado polos deputados Ánxeles Cuña e Davide Rodríguez --exalcalde desta localidade--.


Na súa visita, o actual rexedor, Félix Domínguez, asegurou que "debido á falta de apoio da Xunta" para prestar servizos básicos á poboación dos que debería responsabilizarse a administración autonómica, o Concello "está a ser obrigado a asumir economicamente servizos que lle impiden realizar outro tipo de investimentos".


Ante iso, Villares comprometeuse a pedir ao Goberno galego que "achegue un maior financiamento" para a prestación de servizos no rural e que faga unha "discriminación positiva" na distribución orzamentaria para fixar poboación nestas zonas. "Casos como o de Manzaneda, que ten hoxe doce nenos máis que fai dez anos, demostran a efectividade das políticas activas de dinamización económica e demográfica na montaña".


"Nos últimos anos xurdiron unha ducia de proxectos empresariais promovidos por xente nova que decidiu fixar a súa residencia en Manzaneda", indicou o parlamentario Davide Rodríguez, que sinalou que este é "un dos municipios con maior investimento en cultura por habitante, algo fundamental para facer atractiva a zona como lugar para vivir e visitar".

relacionada Propoñen que a Xunta xestione de forma directa os Concellos de alta montaña

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE