Detido un pasaxeiro en Lavacolla por agredir a outro e a un traballador da aeroliña

Ocorreu nas mesmas escaleiras do avión que acababa de aterrar. A Garda Civil presentou unha denuncia contra el.


|

Lavacolla 2


Efectivos do Destacamento de Seguridade do Aeroporto de Santiago de Compostela detiveron na noite do mércores a un home que agrediu a outro pasaxeiro e a un operario da compañía aérea ao baixar do avión.


Segundo informou o Instituto Armado, sobre as 21,00 horas do mércores un voo da compañía Ryanair procedente de Tenerife tomaba terra no aeroporto compostelán e, minutos máis tarde, a Garda Civil recibía un aviso do persoal de voo que comunicaba que un pasaxeiro agredía a outro nas escadas do avión.


Unha vez acudiron efectivos do Destacamento de Seguridade no lugar, este home de 53 anos e veciño de Ribeira (A Coruña), abalanzouse de novo contra un home coa intención de golpealo. Así, resultaron feridos leves el e un operario encargado do transporte das maletas que trataba de suxeitar o agresor.


Por estes motivos procedeuse á detención deste home, ao que se lle imputa a comisión dun delito de alteración grave da orde pública, á espera de que o outro pasaxeiro afectado e o operario de Ryanair presentasen denuncia polas lesións causadas.


Dos feitos sucedidos instrúense dilixencias que serán postas a disposición do xulgado de Instrución de garda de Santiago de Compostela.


ROUBO DE GASOIL EN ALVEDRO


Axentes da área de Investigación da Garda Civil de Culleredo (A Coruña) detiveron na madrugada deste xoves a un individuo pola comisión dun delito de furto continuado de gasoil dunha empresa que fornece vehículos no Aeroporto de Alvedro.


Segundo informou o Instituto Armado, tras recibir unha denuncia por parte dun responsable dunha empresa que opera no recinto aeroportuario, segundo a cal algún traballador da súa empresa supostamente subtraía gasoil desde agosto dun depósito que fornece os vehículos de 'handling' de plataforma que operan no aeroporto coruñés, a Garda Civil de Culleredo iniciou unha investigación para tratar de descubrir o autor.


Finalmente, pasada a medianoite deste xoves, detectouse 'in fraganti' a un home de 40 anos cando metía no seu vehículo particular dúas garrafas que contiñan 44 litros de gasoil tipo B.


Por iso, procedeuse á súa detención e instrúense dilixencias que serán postas en coñecemento do xulgado de Instrución de garda da Coruña.

relacionada O Parlamento aproba que Lavacolla pase a chamarse Rosalía de Castro
relacionada Os aeroportos de Santiago e A Coruña crecen en pasaxeiros e Vigo cae un 1%

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE