O presidente de Ferroatlántica: "Non vender as centrais supoñería unha deterioración das fábricas"

Asegura que vender os encoros dos ríos Grande e Xallas supoñería un diñeiro que poderían investir nas fábricas de Cee e Dumbría. 


|

Pedrolarreaferroatlantica


O presidente de Ferroatlántica, Pedro Larrea, advertiu este martes de que as fábricas de ferroaleacións de Cee e Dumbría poderían correr "perigo" se a Xunta non lle permite ao grupo vender os encoros dos ríos Grande e Xallas, que a firma considera "non estratéxicos".


"Non vender as centrais supoñería unha deterioración progresiva das fábricas", dixo Larrea nunha entrevista concedida á Radio Galega, onde precisou que, de non conseguir ese diñeiro, non se poderán facer investimentos nas fábricas.


"Os traballadores terán cambios positivos. Vemos este proceso como un proceso enormemente positivo de gran desenvolvemento para as fábricas de Cee e Dumbría e para todas as fábricas do grupo", afirmou o presidente, á vez que adiantou que con este "desenvolvemento" prevese "mellorar as condicións laborais e as garantías de emprego de todos os empregados de Ferroatlántica. "En caso contrario, no caso do continuísmo, o que hai é risco de máis austeridade e menos investimento", admitiu.


Larrea explicou que non teñen contactos coa Xunta para que autorice a Ferroatlántica vender os encoros, a pesar de que o grupo xa asinou un contrato cun comprador interesado.


"O de non vender os encoros é un escenario que non contemplamos. Sería un escenario que non é só de continuísmo, senón probablemente de estancamento e de deterioración progresiva, non por vontade da empresa, senón porque efectivamente a falta de investimentos, a falta de novas tecnoloxías farían perder progresivamente a competitividade das fábricas", alertou.


Finalmente, ante a convocatoria dunha xornada de folga nas fábricas de Cee e Dumbría, o presidente de Ferroatlántica pídelles "responsabilidade" aos traballadores. "Espero que actúen con máxima responsabilidade para garantir a continuidade da produción durante esa folga", concluíu.

relacionada Ferroatlántica anuncia a venda das dúas centrais hidroeléctricas de Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE