Outra gran industria galega vai camiño de desaparecer. Endesa mostrou por fin as súas cartas no día no que o mundo se mobiliza contra o quecemento climático. A compañía controlada polos italianos de Enel adianta que acelerará o peche das dúas centrais que, en principio, anunciara que reformaría para que deixasen de queimar carbón. Unha delas, a das Pontes de García Rodríguez, é o único gran soporte económico da comarca.
Non todas as voces en Galicia están a favor da continuidade das centrais térmicas de Meirama e As Pontes. Este venres preséntase a "Plataforma Galiza, un futuro sen Carbón" que demanda precisamente o seu peche "canto antes".
O comité de empresa non conseguiu sacarlle á Xunta unha posición rotunda "do lado dos traballadores".
Asegura que vender os encoros dos ríos Grande e Xallas supoñería un diñeiro que poderían investir nas fábricas de Cee e Dumbría.