Temperaturas baixo cero para tentar a remontada na Ucraína

O Celta ten dous inimigos para pasar de rolda na Europa League: o frío intenso e o propio Shakhtar.


|

Celtaabrazo


Por se fose pouco rival o Shakhtar Donetsk en si, o Celta terá outro inimigo na Ucraína. O frío é un opoñente previsible e, ademais, parece que non serán tan duro como o esperado, aínda que todo suma de dificultade á xesta que necesita o equipo vigués para pasar de rolda na Europa League.


O xoves espéranse en Jarov, a cidade na que se disputará o partido, temperaturas baixo cero ás 21:05 da noite (22:05, hora local).


Para o encontro, os celestes recuperan a Hugo Mallo e Guidetti, que recibiron hoxe a alta. O equipo viaxa mañá con todos os efectivos ao partido decisivo e Berizzo leva tamén a Iván Villar, porteiro do filial.

relacionada O Celta desquítase ante o Osasuna da súa mala xeira
relacionada O Celta cae pola mínima en Balaídos ante o Shakhtar Donetsk

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE