Anestesistas do CHUAC anuncian unha folga en marzo polas súas condicións laborais
Critican o "abuso da contratación temporal" e acusan á xerencia do hospital de "medidas de fustrigación" durante os últimos meses.
Facultativos do Servizo de Anestesioloxía, Reanimación e Terapéutica da Dor do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac) anunciaron a convocatoria dunha folga a partir de marzo polas súas condicións laborais, segundo sinalan nun comunicado.
En concreto, sinalan que, por 48 votos a favor e oito en contra, acordaron ir á folga os días 20, 21, 22, 23, 24 e 25 de marzo, "sen descartar novas convocatorias", engaden.
"Trátase dunha folga exclusivamente profesional, acordada polos facultativos directamente, sen intervención dos seus representantes de persoal e sen un fin retributivo ou de mellora salarial", apostilan.
"PRECARIZACIÓN" DO EMPREGO
Por outra banda, apuntan que "a deterioración das condicións de traballo e a precarización do emprego polo abuso da contratación temporal son as principais causas, acrecentadas nos últimos meses por medidas de fustrigación da Xerencia do Hospital".
Ademais, lamentan "as molestias que vaian producir aos nosos pacientes, pero consideramos que tras moitos meses de dialogo infrutuoso, é a única medida posible para garantir unha maior calidade do noso traballo".
Escribe o teu comentario