A Deputación da Coruña dá a oportunidade de esquiar a 500 escolares
Este domingo arrincan a súa semana na neve os primeiros 100 nenos que participan na campaña provincial.
Un total de 100 nenos da Coruña e Ferrolterra arrincan este domingo a campaña escolar de esquí da Deputación, na que participarán medio milleiro de rapaces de entre 10 e 14 anos.
Na primeira quenda irán escolares de 14 municipios, que gozarán de cinco días na estación de Leitariegos, en León.
As viaxes inclúen o transporte, a estancia, as actividades con monitores, o seguro, o aluguer do material, o acceso aos remontes e os cursos.
Así, poderán asistir a clases de esquí, gozar de actividades nocturnas e concursos e protagonizar unha festa de benvida.
Escribe o teu comentario