Malestar social e político polos bandazos coa vacinación infantil

O PSdeG denuncia que a Xunta se rexe unicamente por "criterios de dispoñibilidade" e non "clínicos" para alterar o calendario.


|

Vacúa 1


O deputado do PSdeG Julio Torrado anunciou que levará á Cámara a "errática" e "variable" política da Xunta co calendario de vacinación.


Así o dixo en referencia á limitación da vacina da tose ferina e á falta de subministración e eliminación da inxección contra a meninxite B, ás que agora se suma a limitación da aplicación da do tétanos-difteria.


A xuízo do portavoz de Sanidade do PSOE no Parlamento, o que "causa maior desagrado" é a sensación de que as alteracións nas vacinas "están suxeitas unicamente a criterios de dispoñibilidade por parte das farmacéuticas" e que, por tanto, responden máis "a criterios empresariais" que "clínicos".

relacionada Xa van 94 mortes por gripe desde o inicio da tempada en Galicia
relacionada Pediatras do CHUS participan nunha investigación sobre infeccións respiratorias graves

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE