Rouban na Deputación de Lugo dous vehículos e maquinaria de obras

Un dos coches apareceu sen gasolina na rotonda do HULA e outro, con diversos golpes en Rábade.


|

Cocherobado


O deputado responsable de Vías e Obras na Deputación de Lugo, Argelio Fernández, cualificou de "raro" o roubo de dous vehículos e outra maquinaria, como un remolque, do parque móbil provincial na pasada madrugada e que foron posteriormente recuperados.


Uno dos coches apareceu en Rábade, nunha zona onde habitualmente abandonan os vehículos roubados, segundo fontes da investigación, que apuntaron que ese automóbil presentaba diversos "golpes".


O outro coche localizouse na rotonda do hospital Lucus Augusti que comunica coa A-6 e os investigadores dan por feito que se deixou aí ao quedar "sen gasolina".


O deputado de Vías e Obras insistiu no "raro" do caso, á vez que puntualizou que aínda non se realizou unha valoración detallada "do volume total que levaron".

relacionada Que facían 13 policías locais de Lugo na cafetería durante a súa quenda de traballo?

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE