Que facían 13 policías locais de Lugo na cafetería durante a súa quenda de traballo?

A investigación do Concello de Lugo sobre este asunto, tras unha denuncia do grupo municipal de Ciudadanos, está actualmente en curso. 


|

Policialocal


A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou que se abriu unha "investigación" sobre a presenza de 13 axentes da policía local, que estaban na quenda de noite, na cafetería do Hospital Lucus Augusti na madrugada do mércores ao xoves.


A investigación abriuse por mor dunha denuncia do grupo municipal de Ciudadanos, que incidiron na presenza destes axentes nesta cafetería "no canto de estar a patrullar" polas rúas.


Lara Méndez avanzou este venres que se abriu "unha investigación" sobre os feitos e puntualizou que cando se coñezan "os resultados" da mesma "se actúe en consecuencia".


Nesta liña, deixou aberta a posibilidade de que se abra un expediente aos axentes, indicando que "se hai unha conduta non debida, terá consecuencias".


"Xa abrimos unha investigación, todo policía ten dereito a 20 minutos de descanso, pero ademais hai un mandato de que non o poden facer nin na mesma hora, nin no mesmo lugar, nin todos xuntos. Ten que ser regulado para que sempre haxa axentes patrullando", lembrou.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE