O Plan Prepara prorrógase outros seis meses
Ata a data beneficiáronse máis de 36.500 galegos desempregados de longa duración con responsabilidades familiares.
O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves a prórroga do Plan Prepara, que desde a súa posta en marcha beneficiou xa a máis de 693.000 persoas, 36.522 delas en Galicia.
O Prepara prevé unha axuda de entre 400 e 450 euros e un itinerario individualizado e personalizado de inserción para parados de longa duración con responsabilidades familiares. A súa prórroga prodúcese de forma automática indefinidamente cada seis meses ata que a taxa de paro baixe do 18%. Esta nova extensión prolóngase ata o próximo 15 de agosto.
Entre decembro de 2011 e xaneiro de 2017 beneficiáronse deste programa un total de 693.336 persoas. O maior número (173.694) foron en Andalucía, seguido por Cataluña (86.092) e a Comunidade Valenciana (83.121).
O número de parados acollidos ao Prepara ascende a 57.522 na Comunidad de Madrid, a 50.867 en Canarias, a 47.121 en Castela-A Mancha, a 36.522 en Galicia, a 30.685 en Castela e León, a 30.110 en Murcia, a 26.509 en Estremadura, a 14.604 en Aragón, a 12.956 en Asturias, a 12.890 no País Vasco, a 9.061 en Baleares, a 7.704 en Cantabria, a 6.296 en Navarra, a 3.569 na Rioxa, a 2.558 en Ceuta e a 1.455 en Melilla.
Escribe o teu comentario