Catro de cada 10 parados de Galicia viven no municipio no que naceron

A mobilidade das persoas en paro é, con todo, superior á dos ocupados.


|

Paroempregooficina


Catro de cada 10 parados galegos existentes en Galicia no primeiro trimestre de 2016 non variara de concello de residencia desde o nacemento, segundo os datos que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).


En concreto, a porcentaxe de parados que non cambiara de residencia desde que naceu era do 39,67%, o que supón un total de 90.400 persoas --dun total de 227.900--.


Entre os desempregados galegos que modificaran a súa residencia no último ano, o 54,55% mudara de municipio pero dentro da mesma provincia.


Respecto ao ano 2015, aumentou en 1,39 puntos a porcentaxe de parados que non cambiaron de concello de residencia no últimos cinco anos, ao pasar do 81,72% ata o 83,11%, cun total de 189.400 persoas.


A mobilidade das persoas en paro é, con todo, superior á dos ocupados. Así, para o 4,34% dos galegos que no primeiro trimestre de 2016 atopábanse parados, transcorrera menos dun ano desde o último cambio de municipio de residencia.


NOVOS


No primeiro trimestre do pasado exercicio, residían en Galicia 1.021.100 ocupados, dos cales o 1,91% cambiara de municipio de residencia facía menos dun ano.


Por outra banda, o 10,77% levaba vivindo no mesmo municipio entre un e cinco anos e o 87,32% restante, cinco ou máis anos.


Ao considerar a idade dos traballadores, obsérvase como a mobilidade é maior entre os ocupados máis novos. O 3,14% dos mozos menores de 25 anos levaba residindo no mesmo municipio menos dun ano e para os ocupados de entre 25 e 34 anos (ambos inclusive) esta porcentaxe era do 3,75%.


No outro extremo atopábanse os traballadores de 45 ou máis anos. Para este colectivo, a porcentaxe dos que cambiaran de municipio de residencia facía menos dun ano apenas superaba o 1,07% no primeiro trimestre de 2016.


A mobilidade dos ocupados tamén diminuíu lixeiramente con respecto ao acontecido hai un ano. Así, a porcentaxe dos ocupados que cambiou de residencia nos últimos 12 meses pasou do 2,26% en 2015 ata o 1,91% en 2016.


Estatística resalta que o 42,03% dos ocupados residentes en Galicia no primeiro trimestre de 2016 non variara nunca de concello de residencia e o 37,36% si o facía, pero dentro da mesma provincia.


Por último, entre os ocupados que no primeiro trimestre de 2016 levaban residindo no mesmo concello menos dun ano, o 62,56% cambiara a súa residencia a outro municipio da mesma provincia.

relacionada Os sindicatos advirten do avance do paro e a precariedade en Galicia
relacionada A comedia 'Get Back', sobre galegos emigrados en Londres, aterra en Santiago
relacionada O paro sobe en xaneiro por terceiro mes consecutivo en Galicia

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE