Os preferentistas cualifican de traizón o veto do PP á iniciativa galega

Critican que se nega a miles de familias "a posibilidade de recuperar os seus aforros", "poñéndose unha vez máis do lado dos estafadores".


|

52ecfe523a054preferentesvigo2


A Coordinadora galega de afectados polas preferentes e subordinadas criticaron que o Goberno do PP "vete en Madrid" un acordo unánime do Parlamento de Galicia "poñéndose unha vez máis do lado dos estafadores" e "traizoando a miles de familias galegas ao negarlles a posibilidade de recuperar os seus aforros".


Nun comunicado, a coordinadora lembrou que en marzo de 2014 aprobou definitivamente e por unanimidade unha proposición de lei na que se instaba ao Congreso dos Deputados "a modificar a Lei 9/2012, que incorporou ao ordenamento xurídico estatal as condicións do rescate bancario e legalizou, de facto, a estafa das preferentes e aplicación de quitas ao capital das persoas estafadas".


Neste sentido, lembrou que no Parlamento galego o PP "votou a favor desta iniciativa do BNG" ao argumentar que "supoñía un paso máis na procura dun fin compartido: que o 100% dos enganados polas preferentes recuperasen o 100% dos seus aforros".


"Só foi un lavado de cara", denunciou a coordinadora, que criticou que aquela mesma proposición de lei, presentada no Congreso co obxectivo de axilizar a súa aprobación e devolver, canto antes, os aforros ás persoas estafadas por cambiar a lexislación e impedir novas estafas bancarias, foi rexeitada por maioría absoluta do PP".


Respecto diso, lamentou que este mércores "repetiuse a historia". "O veto do Goberno do PP a que fose tramitada no Congreso a proposición de lei aprobada por unanimidade no Parlamento galego, evidencia, unha vez máis, a política hipócrita que leva anos practicando este país, apoiando aquí medidas, cando non queda máis remedio, que despois nega ou impide que leven adiante desde o Goberno do Estado".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE