A depuradora de Placeres investiga a optimización do tratamento de augas residuais
Acolle un proxecto dirixido pola Unidade Mixta CIGAT que se desenvolverá durante o próximo ano e medio.
A Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Placeres, en Pontevedra, alberga desde este mes de febreiro e durante o próximo ano e medio un proxecto de innovación dirixido pola Unidade Mixta CIGAT. levará a cabo unha tecnoloxía innovadora, en concreto unha tecnoloxía de lodo granular aerobio, que permitirá eliminar do auga residual o exceso de materia orgánica e nutrientes que provocan a contaminación do medio acuático.
O proceso contempla un tratamento baseado en agregados de bacterias (biopelículas) que permitirán unha depuración das augas residuais dun modo máis sustentable que os sistemas convencionais. A aplicación deste sistema supoñerá un aforro de enerxía, a redución de custos asociados ao tratamento das augas, e a redución do espazo de implantación, o que fai que non sexa necesario dispoñer de grandes extensións de terreo para obter un auga limpa apta para verter ao medio natural.
O proxecto está a probar esta tecnoloxía para o tratamento de diferentes augas residuais, incluíndo a propia auga da EDAR de Praceres. Os resultados obtidos poderán ser empregados para a mellora do sistema actual de depuración da EDAR pontevedresa, así como para o tratamento sustentable doutras tipoloxías de agua residual en Galicia.
A Unidade Mixta CIGAT representa a unión entre a empresa Viaqua e o centro tecnolóxico Cetaqua Galicia para o desenvolvemento de liñas de investigación conxuntas no tratamento de augas residualess. A aposta e o compromiso do CIGAT é a de reducir a contaminación das augas e protexer e explotar de modo sustentable os recursos hídricos galegos. Esta Unidade Mixta conta co apoio da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Escribe o teu comentario