Buscan tres tripulantes dun pesqueiro afundido o venres en Senegal

Os desaparecidos son o patrón, natural de Marín, e dous senegaleses. Oito mariñeiros xa foron rescatados e recibiron a alta médica.


|

Senefand1bacro


Un operativo de Salvamento Marítimo de Senegal atópase realizando tarefas de procura para localizar os tres tripulantes desaparecidos do pesqueiro Senefand 1, que pertence á compañía armadora galega Grupo Profand; afundido o pasado venres mentres faenaba ao sur da capital senegalesa, Dakar.


Un deles é natural de Galicia, mentres que os outros dous desparecidos son senegaleses. Os restantes oito tripulantes da embarcación, de bandeira de Senegal, xa foron rescatados, entre eles, un mariñeiro galego.


O pasado venres perdeuse a comunicación co pesqueiro Senefand 1 mentres faenaba ao sur de Dakar. Desde aquel momento, Salvamento Marítimo de Senegal activou un dispositivo de procura para localizar os once tripulantes da embarcación, dos cales oito foron xa rescatados e superaron na capital senegalesa unha revisión médica, despois da cal recibiron a alta.


Entre os mariñeiros rescatados atópanse un galego --xefe de máquinas do pesqueiro e natural de Moaña (Pontevedra)--, un caboverdiano, un cidadán de Guineau-Bissau e cinco senegaleses.


No dispositivo de procura para localizar os tripulantes que continúan desaparecidos colaboran, ademais de Salvamento do país africano, unha patrulleira da Garda Civil de Dakar, medios aéreos contratados pola armadora e a embarcación Senefand 2, tamén da compañía Profand.


Segundo informou a empresa, os tripulantes rescatados confirmaron que a embarcación sufriu un contratempo o pasado venres e afundiuse "en poucos minutos". Grupo Pronfand atópase en contacto coas familias dos mariñeiros para mantelos informados sobre o proceso de procura.


O galego desparecido é o patrón do pesqueiro e é natural da localidade pontevedresa de Marín. O barco, de bandeira senegalesa e con 24 metros de eslora, superou "sen incidencias" o pasado mes de outubro unha revisión técnica en Vigo e, segundo a empresa, "conta con todos os certificados necesarios" e con "equipamento reforzado de localización e seguridade de última xeración".


Grupo Profand ten sede na cidade de Vigo e desenvolve a súa actividade, ademais de en Galicia, en augas de varios puntos do planeta, como Arxentina, Perú, India e Senegal.

relacionada Rescatados os 12 tripulantes do pesqueiro galego afundido ao norte de Luarca

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE